CORRESPONSABILIDADE
NO FOGAR 🧼🫧
A casa non se limpa soa nin a neveira se rechea por arte de maxia. As tarefas do fogar son un traballo de equipo e repartir responsabilidades de forma xusta fai que todo flúa mellor.
Nesta guía descubrirás como transformar cada tarefa en puntos para o equipo, evitar desigualdades e aprender que corresponsabilizarse non é “axudar”, é cumprir coa túa parte.


CORRESPONSABILIDADE AFECTIVA 💗
Non chega con gustar nin con ligar: tamén hai que saber coidar. A responsabilidade afectiva é entender que o que dicimos, facemos (ou calamos) ten un impacto real nas emocións da outra persoa, sexa unha amizade, un “lío puntual” ou unha relación longa.
Nesta guía atoparás pistas para detectar red flags 🚩 e green flags ✅, aprender a poñer límites sen culpa e construír vínculos saudables.
BO TRATO
E COIDADOS ✨
As relacións sas baséanse na confianza, a comunicación e o respecto. O bo trato significa escoitar con atención, falar claro sen ferir, poñer límites cando algo che fai dano e coidar tamén de ti mesmx.
Aquí tes ideas sinxelas para crear vínculos onde as persoas se sintan cómodas, valoradas e seguras.


CONTACTA CON NÓS!
Aquí tes os datos de contacto dos Servizos Sociais do Concello de Betanzos, sempre dispoñibles para escoitarte.
Enderezo
Praza Emigrante, s/n
(15300, Betanzos)
Teléfono
981 770 707